Participar

Neste proxecto é moi importante a participación de todas as persoas que desexen dar a coñecer o que fan, as peculiaridades da nosa cultura nedense, as historias que viviron, os lugares escondidos que coñecen no concello... Por iso, poñemos a vosa disposición o noso email, para que cada un de vós poida contactar facilmente con Neda n'cine, para que así todo aquel que o desexe poida participar continuada ou puntualmente neste proxecto.

Se queres participar de maneira continuada, xa sexa subindo fotos ou vídeos todos os meses ou elaborando artigos ou historias ou calquera cousa que se che ocorra, segue estes pasos:

  1. Pensa en cómo queres participar no proxecto.
  1. Cobre este formulario ca información requerida. 
  1. Envía a nedancine@gmail.com o formulario cuberto poñendo no asunto "Participación Neda n'cine".
  1. Enviarémosche un correo informándote cando comeces a formar parte do proxecto.
  1. Elixe ou crea aquelo co que queres participar. 
  1. Cobre este sinxelo formulario para que poidamos colocar a entrada co teu nome e os teus datos (se prefires poñela dende o anonimato, só terás que indicalo no asunto do correo electrónico).  
  1. Envía á nosa dirección de email nedancine@gmail.com o que desexes que se colgue na web e o formulario cuberto, poñendo como asunto o título da entrada que queres que creemos (no caso do anonimato indicar aquí) e poñer no corpo do correo todo o que queres que se escriba na entrada. 


Se, pola contra, desexas participar só algunha vez no proxecto enviando información puntualmente, segue estes outros pasos:

Exemplo:
Asunto: Historias de Neda, (anónimo)
Corpo: [o que queres que se escriba na entrada+formulario cuberto]

Grazas por participar!



Ningún comentario:

Publicar un comentario