Cinensino é un proxecto que usa o cine como ferramenta pedagóxica. A través da visualización duns filmes escollidos para alumnos de 5º e 6º de primaria e 1º e 2º da ESO, trabállanse diferentes temas como a prevención da drogodependencia ou promover unha vida saudable. É unha actividade que facilita que o alumnado reflexione sobre as temáticas e sobre diferentes situacións, e favorece o debate nas aulas. No caso dos alumnos de primaria, a película escollida para febreiro foi "Los futbolísimos", e para a ESO "Aurora". As proxeccións continuarán ata marzo e as películas escollidas son "Coco" e "Una bolsa de canicas". Xunto con Fene e Mugardos, Neda forma parte deste proxecto.
Atentos a finais deste ano e non perdades a oportunidade de inscribir ó voso centro educativo nesta experiencia.